corresponder

< co- + responder
  1. v i Manter dúas cousas unha relación de conformidade ou de congruencia mutua.
  2. v i
    1. Ter alguén a obriga de realizar algo.
    2. Ser oportuno ou conveniente realizar algunha cousa.
  3. v i Pertencer algunha cousa a alguén por dereito, polo seu rango, por méritos adquiridos ou por calquera outra circunstancia semellante.
  4. v i Devolver a unha persoa algo material ou inmaterial a cambio doutra cousa que se recibiu anteriormente.
  5. v pron Estar dúas cousas en relación de identidade.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A ala dereita do edificio non corresponde exactamente á esquerda
  • As dúas alas do edificio non se corresponden exactamente
  • As noticias que temos aquí do que aconteceu na aldea non se corresponden coas túas, A calidade da obra non se corresponde coas críticas recibidas
  • Correspóndeche o primeiro lugar na lista, A resolución dese conflicto correspóndelle ás autoridades competentes
  • Correspóndelle con palabras de agarimo
  • Correspóndelles aos mozos deixarlles o asento ás persoas maiores
  • Correspondeulle cun agasallo ao favor que lle fixo, Pedro non corresponde ao afecto que ti lle tes
  • O coidado dos teus pais correspóndeche a ti, Correspóndeme a min pechar a tenda esta semana
  • O número de teléfono non corresponde a ningún cliente, Eses edificios non corresponden ao estilo arquitectónico da cidade, Aqueles cables non corresponden a ese aparello, Os seus modais non corresponden á educación recibida
  • O termo B da segunda progresión corresponde co termo A da primeira
  • Ten un irmán no Brasil co que se corresponde dende a mocidade
  • Tenche que dar as cincocentas pesetas que che corresponden da lotería
Verbo: corresponder
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correspondo

correspondes

corresponde

correspondemos

correspondedes

corresponden

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correspondía

correspondías

correspondía

correspondiamos

correspondiades

correspondían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correspondín

correspondiches

correspondeu

correspondemos

correspondestes

corresponderon

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correspondera

corresponderas

correspondera

corresponderamos

corresponderades

corresponderan

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corresponderei

corresponderás

corresponderá

corresponderemos

corresponderedes

corresponderán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correspondería

corresponderías

correspondería

corresponderiamos

corresponderiades

corresponderían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corresponda

correspondas

corresponda

correspondamos

correspondades

correspondan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

correspondese

correspondeses

correspondese

correspondesemos

correspondesedes

correspondesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corresponder

corresponderes

corresponder

correspondermos

corresponderdes

corresponderen

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

corresponde

-

-

correspondede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

corresponder

corresponderes

corresponder

correspondermos

corresponderdes

corresponderen

Xerundio

correspondendo

Participio

correspondido

correspondida

correspondidos

correspondidas