smFacultade que ten unha persoa de percibir e de relacionarse co mundo que o rodea.
smTodo aquilo que se coñece sobre un saber, ciencia ou materia.
FILOS
smFunción e acto da vida psíquica que se caracteriza polo seu carácter representativo e, no caso do coñecemento humano, obxectivo. Fálase de coñecemento sensitivo ou sensible e intelectivo ou intelectual, propiamente humano.
smFunción e acto intelectuais, mediante os que o suxeito aprehende o obxecto ou o establece como tal, ao recoñecelo como unha realidade en si.
teoría do coñecementoepistemoloxía.
smDERExame xudicial das actuacións.
DER
smDocumento que o capitán dunha nave asina e remite ao armador, polo que recoñece as mercadorías cargadas e as condicións do transporte.
coñecemento aéreoDocumento que acredita o libramento da mercadoría a un empresario encargado de facer o seu transporte por este medio, onde están sinalados o contido e as condicións.
LING
coñecemento lingüístico activo/produtivoCapacidade de produción da lingua falada e escrita que ten unha persoa.
coñecemento lingüístico pasivo/receptivoCapacidade que ten unha persoa de comprender a lingua falada e escrita doutra ou doutras persoas.