coñecemento

< coñecer
Pliral: coñecementos
  1. s m Acción e efecto de coñecer ou coñecerse.
  2. s m Facultade que ten unha persoa de percibir e de relacionarse co mundo que o rodea.
  3. s m Todo aquilo que se coñece sobre un saber, ciencia ou materia.
  4. FILOS
    1. s m Función e acto da vida psíquica que se caracteriza polo seu carácter representativo e, no caso do coñecemento humano, obxectivo. Fálase de coñecemento sensitivo ou sensible e intelectivo ou intelectual, propiamente humano.
    2. s m Función e acto intelectuais, mediante os que o suxeito aprehende o obxecto ou o establece como tal, ao recoñecelo como unha realidade en si.
    3. teoría do coñecemento epistemoloxía.
  5. s m DER Exame xudicial das actuacións.
  6. DER
    1. s m Documento que o capitán dunha nave asina e remite ao armador, polo que recoñece as mercadorías cargadas e as condicións do transporte.
    2. coñecemento aéreo Documento que acredita o libramento da mercadoría a un empresario encargado de facer o seu transporte por este medio, onde están sinalados o contido e as condicións.
  7. LING
    1. coñecemento lingüístico activo/produtivo Capacidade de produción da lingua falada e escrita que ten unha persoa.
    2. coñecemento lingüístico pasivo/receptivo Capacidade que ten unha persoa de comprender a lingua falada e escrita doutra ou doutras persoas.

Confrontaciones

Citas

  • Non tiña coñecemento dese asunto tan turbio
  • Os seus coñecementos dese campo son moi reducidos
  • Perdeu o coñecemento despois de recibir a noticia

Refranes

  • Anque vou e veño, ben sei o que ao lume teño.
  • Cada cal fala daquilo que trata.
  • Cada un sabe ben onde lle manca o zapato.
  • Cada un sabe onde lle manca o seu zapato.
  • En longos camiños coñécense os amigos.
  • Fai o que saibas, para que en todas partes caibas: que o que sabe, en tódolos lados cabe.
  • Mal coñecerás a quen nunca viches nin verás.
  • O ouro e o home, en tocándoo, logo se conoce.
  • Poucos hai que se coñecen e moitos que se descoñecen.
  • Se queres saber quen es, pregúntallo o teu veciño.