smía pola que se consegue que algo chegue ao seu destino.
ANAT
smEstrutura tubular, cun paso relativamente estreito para a circulación de fluídos orgánicos ou para o traxecto de vasos e nervios a través dos órganos.
conduto aferenteConduto que leva un fluído desde o exterior dun órgano cara ao interior do mesmo.
conduto auditivo externoComunicación aérea do pavillón da orella ata o tímpano.
conduto biliarConduto que constitúe as vías biliares extrahepática ou intrahepática.
conduto de WirsungConduto excretor do páncreas que desauga no colédoco ou directamente no duodeno.
conduto deferenteTubo fibromuscular que une a cola do epidídimo co conduto exaculador.
conduto eferenteConduto que leva un fluído desde o interior dun órgano cara ao exterior do mesmo.
conduto lacrimalConduto que une o punto lacrimal co saco lacrimal.
conduto linfáticoCada un dos dous vasos linfáticos principais.
conduto semicircular membranosoConduto que contén a endolinfa e unha parte dos órganos do equilibrio.
conduto semicircular óseoConduto escavado no corpo que forma o esqueleto óseo dos órganos do equilibrio no aparato auditivo interno.
conduto uroxenitalConduto que serve para o transporte tanto dos ouriños como das células reprodutoras.