conxelación

< lat congelatiōne
Plural: conxelacións
  1. s f FÍS/IND Transformación dun líquido en sólido como consecuencia da diminución da temperatura.
  2. s f ALIM Proceso de conservación de alimentos co que se consegue a inhibición do desenvolvemento microbiano e das reaccións encimáticas e químicas.
  3. s f BIOL Proceso e técnicas de conservación de células e tecidos orgánicos, propios da criobioloxía.
  4. s f PAT Lesión producida pola acción do frío sobre o organismo.
  5. s f ECON Medida conxuntural de política económica decretada oficialmente para combater tendencias fortemente inflacionistas.
  6. conxelación de imaxe IND/ARTE Procedemento fotográfico que consiste en seleccionar unha velocidade de obturación alta para que os suxeitos que se movan rapidamente aparezan na imaxe en posición estática.