sfFÍS/INDTransformación dun líquido en sólido como consecuencia da diminución da temperatura.
sfALIMProceso de conservación de alimentos co que se consegue a inhibición do desenvolvemento microbiano e das reaccións encimáticas e químicas.
sfBIOLProceso e técnicas de conservación de células e tecidos orgánicos, propios da criobioloxía.
sfPATLesión producida pola acción do frío sobre o organismo.
sfECONMedida conxuntural de política económica decretada oficialmente para combater tendencias fortemente inflacionistas.
conxelación de imaxeIND/ARTEProcedemento fotográfico que consiste en seleccionar unha velocidade de obturación alta para que os suxeitos que se movan rapidamente aparezan na imaxe en posición estática.