contrapunzón

< contra- + punzón
Plural: contrapunzóns
  1. s m Punzón que se utiliza para sinalar, nas pezas metálicas, os puntos en que se ten que furar e que serven tamén de guía para a broca no momento en que comeza a tradear.
  2. s m Ferramenta, en forma de punzón, que ten gravadas en relevo as partes interiores dunha letra ou dun motivo, empregada para marcar o punzón.