contrapunto

< lat tardío cantus
Plural: contrapuntos
  1. s m MÚS Disciplina musical que consiste na superposición de varias liñas melódicas e que ten como base o concepto de intervalo.
  2. s m LIT Procedemento literario que se basea na combinación simultánea de varios elementos antitéticos unidos harmonicamente, pero que manteñen a súa independencia.
  3. s m Elemento secundario que complementa e contrasta con outro principal nunha situación determinada.

Citas

  • A súa actuación foi o contrapunto perfecto para un acto tan serio