contestar

< lat contestāri ‘testemuñar’
  1. v t Dicir ou escribir algo en resposta ao que alguén dixo ou escribiu anteriormente. Tm abs.
  2. v t Rexeitar enerxicamente ou non estar de acordo con algunha autoridade, ideoloxía ou outro estado de cousas, especialmente incidindo na disconformidade cun acto de protesta.
  3. v i Dicir ou escribir a alguén como resposta ou comentario a unha pregunta, chamada ou expresión anterior.
  4. v i Amosarse disconforme ou opoñerse a aquilo que se ordena.

Confrontacións

Citas

  • Alzou a man e contestou ao meu saúdo, Ao seu grito contestoulle cunha labazada
  • Cando a leoa ruxía, o seu cachorro contestaba
  • Contestei todas as cuestións do exame en tres folios, Durante o interrogatorio non contestou a unha soa pregunta
  • Contesteille a carta o mesmo día que a recibín, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Faleille cando o vin e non me contestou
  • Dixen o seu nome en alto e contestoume o seu irmán, Ninguén contestou cando chamei por teléfono
  • É preferible que non lle contestes porque che vai ser peor
  • Os estudiantes contestaron o novo rector
Verbo: contestar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contesto

contestas

contesta

contestamos

contestades

contestan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestaba

contestabas

contestaba

contestabamos

contestabades

contestaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestei

contestaches

contestou

contestamos

contestastes

contestaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestara

contestaras

contestara

contestaramos

contestarades

contestaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestarei

contestarás

contestará

contestaremos

contestaredes

contestarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestaría

contestarías

contestaría

contestariamos

contestariades

contestarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

conteste

contestes

conteste

contestemos

contestedes

contesten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestase

contestases

contestase

contestasemos

contestasedes

contestasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestar

contestares

contestar

contestarmos

contestardes

contestaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

contesta

-

-

contestade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

contestar

contestares

contestar

contestarmos

contestardes

contestaren

Xerundio

contestando

Participio

contestado

contestada

contestados

contestadas