contestación

< lat contestātĭōne ‘testemuño’
Plural: contestacións
  1. s f Acción de contestar.
  2. s f DER Acto de comparecer nun xuízo para responder as demandas da outra parte.
  3. s f SOCIOL Actitude de enfrontamento coas estruturas e as ideoloxías dominantes nunha sociedade.

Sinónimos

Citas

  • A súa contestación denotou unha enorme insensibilidade
  • Deulle unha contestación que o deixou sen palabras
  • Esperei tres días a súa contestación, O que nos dixo non ten contestación
  • O seu liderado non ten contestación