replicar

< lat replicāre
  1. v t Dicir algo en relación co que alguén dixo antes.
  2. v t Responder con ánimo.
  3. v t Contestar nun xuízo ordinario presentando escrito de réplica.
  4. v i Dicir algo que se opón manifestamente ao afirmado ou ordenado con anterioridade.

Citas

  • Meu pai é o máis listo do mundo!, replicou o neno
  • Non repliques tanto e fai o que che mandan
  • Replicou o discurso cunha grande enteireza