smAparato para medir a cantidade dun fluxo ou dunha enerxía que pasa por un lugar determinado, ou tamén para rexistrar o número de acontecementos repetitivos.
contador de augaAparato para medir a cantidade de auga que flúe por un conduto.
contador de gasAparato para medir o volume dun gas que pasa por un conduto.
contador de impulsosCircuíto ou dispositivo electrónico destinado a contar unha sucesión de impulsos eléctricos.
contador eléctricoAparato para medir a enerxía eléctrica que se transmite por un circuíto ou liña eléctrica.
FÍS
smTipo de detector utilizado especialmente para a conta de partículas que inciden nel.
contador de Geiger-MüllerContador que mide a radiación ionizante que incide nel.
contador de escintileoDispositivo que detecta partículas ao contar as escintilacións que se producen nun escintilador.