smFeito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.
smRelación social de dúas ou máis persoas.
smPersoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.
smASTRONInstante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.
smFÍS
Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.
Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.
smESTRATIGSuperficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.
smIMAXCopia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.
smTRANSPPeza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.
sm plCOMUNSección dun medio de comunicación escrito en que se anuncian persoas que buscan coñecer outras ou que ofrecen relacións sexuais.
contacto lingüísticoLINGÁrea da investigación lingüística e sociolingüística que se centra na análise das causas e das consecuencias daquelas situacións en que conviven, nun mesmo espazo social e territorial, dúas ou máis variedades lingüísticas diferentes.
Citas
Aforraron moitas colas gracias a ter un contacto no ministerio
Debes evitar o contacto co enfermo, Non se pode producir o contacto entre as dúas especies
Hai tempo que non teño contacto con eles, pero gustaríame que nos xuntaramos, Os funcionarios teñen contacto co público