contador -ra

< lat computatōre
Pliral: contadores Masculino: contador Masculino plural: contadores Femenino: contadora Femenino plural: contadoras
  1. adx Que conta ou serve para contar.
  2. s Persoa que leva a contabilidade dunha empresa.
  3. METROL
    1. s m Aparato para medir a cantidade dun fluxo ou dunha enerxía que pasa por un lugar determinado, ou tamén para rexistrar o número de acontecementos repetitivos.
    2. contador de auga Aparato para medir a cantidade de auga que flúe por un conduto.
    3. contador de gas Aparato para medir o volume dun gas que pasa por un conduto.
    4. contador de impulsos Circuíto ou dispositivo electrónico destinado a contar unha sucesión de impulsos eléctricos.
    5. contador eléctrico Aparato para medir a enerxía eléctrica que se transmite por un circuíto ou liña eléctrica.
  4. FÍS
    1. s m Tipo de detector utilizado especialmente para a conta de partículas que inciden nel.
    2. contador de Geiger-Müller Contador que mide a radiación ionizante que incide nel.
    3. contador de escintileo Dispositivo que detecta partículas ao contar as escintilacións que se producen nun escintilador.

Sinónimos

Citas

  • Compraron unha máquina contadora de moedas