smDor aguda e paroxística, ocasionada habitualmente polo espasmo dun órgano oco.
cólico hepático/biliarDor moi intensa no epigastrio e no hipocondrio dereito, producida pola contracción espasmódica da vesícula e dos condutos biliares.
cólico nefrítico/renalDor aguda da rexión lumbar.
cólico salivalCrise dolorosa producida pola obstrución calculosa dos condutos excretores das glándulas salivais.
cólico saturninoDor abdominal producida por espasmos segmentarios do intestino delgado.
cólico de areaVETEREnfermidade intestinal que padece o gando pola inxestión de area ou terra.