colibrí

< fr colibri voz caribe
Plural: colibertos
  1. s m ANIMAL/ORNIT Paxaro que pertence a diversos xéneros da familia dos troquílidos que presenta a cabeza, a cola e as ás proporcionalmente grandes, o peteiro longo e fino e a lingua, delgada e alongada, que lle serve para succionar o néctar. A plumaxe na maioría das especies é de cor verde ou azul viva, coa gorxa, a cima da cabeza e a parte inferior das ás vermellas acastañadas.