cólico -ca

Pliral: cólicos Masculino: cólico Masculino plural: cólicos Femenino: cólica Femenino plural: cólicas
  1. adx Relativo ou pertencente ao colon.
  2. PAT
    1. s m Dor aguda e paroxística, ocasionada habitualmente polo espasmo dun órgano oco.
    2. cólico hepático/biliar Dor moi intensa no epigastrio e no hipocondrio dereito, producida pola contracción espasmódica da vesícula e dos condutos biliares.
    3. cólico nefrítico/renal Dor aguda da rexión lumbar.
    4. cólico salival Crise dolorosa producida pola obstrución calculosa dos condutos excretores das glándulas salivais.
    5. cólico saturnino Dor abdominal producida por espasmos segmentarios do intestino delgado.
  3. cólico de area VETER Enfermidade intestinal que padece o gando pola inxestión de area ou terra.

Palabras vecinas