códice

< lat cōdice, de caudice
Plural: códices
    1. s m Libro antigo e medieval, que procede do codex latino e está elaborado manualmente cun valor histórico e artístico. Os máis antigos (s II-I a C) realizáronse en pergamiño ou papiro.
    2. códice arquetipo [lat: codex archetypus] Primeiro dos exemplares oficiais dunha obra clásica corrompido por copias posteriores, en particular as realizadas durante a Idade Media.
    3. códice bíblico Códice que contén a Biblia ou unha parte, sobre todo se é moi antigo, de xeito que poida considerarse próximo ao texto orixinal.
    4. códice único [lat: codex unicus] Documento único conservado dunha obra antiga.
  1. s m RELIX Parte do misal e do breviario que contén os oficios concedidos particularmente a unha diocese ou corporación.
  2. códice diplomático Recompilación sistemática ou cronolóxica de documentos relativos a unha cidade, unha entidade ou unha persoa.