codia

< lat *cutina
Plural: codias
  1. s f
    1. Parte externa dura que cobre unha cousa de materia máis branda.
    2. Anaco de pan reseso.
  2. s f BOT Parte externa da raíz, do talo e das pólas das plantas leñosas, que coincide cos tecidos situados por fóra do cámbium.
  3. ANAT
    1. s f Capa externa de tecido que recobre determinados órganos.
    2. codia cerebral Capa externa do cerebro formada polos corpos celulares das neuronas (substancia gris). Nela intégranse as funcións sensitivas, motoras e de conciencia.
    3. codia suprarrenal Parte externa da glándula suprarrenal en que se distinguen a capa glomerular, a fascicular e a reticular.
  4. XEOL
    1. s f Superficie orixinada pola cimentación dos solos das zonas áridas ou semiáridas, formada principalmente por carbonato e sulfato de calcio.
    2. codia terrestre Conxunto de capas exteriores da Terra, cuxa capa superficial é ríxida e relativamente lixeira, e está composta por sílice e aluminio, e na segunda capa, situada a máis profundidade, predomina a sílice e o magnesio. Está separada do manto pola discontinuidade de Mohorovicic.

Confrontacións

Citas

  • Para comer non tiña máis que unha codia
  • Sempre lle quito a codia ao queixo antes de comelo