codicilo

< lat codicillu, dim de cōdice
Plural: codicilos
  1. s m HIST Táboa pequena que na antiga Roma se empregaba para escribir.
  2. s m DER Disposición da última vontade, outorgada coas mesmas solemnidades externas dun testamento, en que se modifica, clarifica ou revoga o que quedou establecido no testamento, ou, se non existise, permite ditar disposicións sucesorias a favor dos seus herdeiros.