categoría

< lat categorĭa gr κατηγορία ‘atributo’,de κατηγορέω ‘atribuír, criticar’
Plural: categorías
  1. s f Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a características comúns.
  2. s f
    1. Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que se realiza.
    2. DEP Cada un dos grupos nos que se dividen os participantes nun campionato deportivo estruturado pola idade dos seus integrantes ou polos méritos adquiridos anteriormente.
  3. s f FILOS
    1. Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico desta palabra está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant.
    2. Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo ou dun tipo de actividade humana.
  4. LING
    1. s f Clase xeral en que se reparten todos os elementos dun sistema lingüístico.
    2. categoría formal Categoría que se descobre nunha lingua a partir da maneira na que esta se organiza.
    3. categoría funcional Categoría que se determina pola función que unha palabra desempeña na frase.
    4. categoría gramatical Categoría baseada nos conceptos de forma e de significación gramaticais.
    5. categoría léxica Categoría que está formada polas clases de signos pertencentes ao léxico que se combinan no discurso a través de nexos gramaticais.
    6. categoría lexicolóxica Categoría baseada na significación e que está formada por palabras ou grupos de palabras que teñen unha mesma raíz.
  5. MAT
    1. s f Estrutura alxébrica composta por unha familia de obxectos matemáticos e por unha familia de morfismos entre estes obxectos.
    2. teoría de categorías Teoría fundamentada sobre o concepto de categoría que se emprega nos problemas alxébricos onde se ten unha estrutura de base.
  6. categoría taxonómica BIOL Posición ou estado dun taxon na clasificación.

Confrontacións

Citas

  • amar, amor, amante, amorío, etc)
  • As categorías sociais predominantes definen a situación económica dun país
  • As patacas que sementou eran de primeira categoría
  • No almacén teñen os productos agrupados por categorías
  • Puxéronlle no contrato unha categoría inferior á que lle correspondía
  • Respondeulle cunha negación categórica, Sempre foi categórico nas súas decisións

Frases feitas

  • 2 De moita importanc
  • 3 De gran intensidade, calidade, luxo ou caracter