< lat categorĭa gr κατηγορία ‘atributo’,de κατηγορέω ‘atribuír, criticar’
Plural:categorías
sfCada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a características comúns.
sf
Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que se realiza.
DEPCada un dos grupos nos que se dividen os participantes nun campionato deportivo estruturado pola idade dos seus integrantes ou polos méritos adquiridos anteriormente.
sfFILOS
Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico desta palabra está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant.
Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo ou dun tipo de actividade humana.
LING
sfClase xeral en que se reparten todos os elementos dun sistema lingüístico.
categoría formalCategoría que se descobre nunha lingua a partir da maneira na que esta se organiza.
categoría funcionalCategoría que se determina pola función que unha palabra desempeña na frase.
categoría gramaticalCategoría baseada nos conceptos de forma e de significación gramaticais.
categoría léxicaCategoría que está formada polas clases de signos pertencentes ao léxico que se combinan no discurso a través de nexos gramaticais.
categoría lexicolóxicaCategoría baseada na significación e que está formada por palabras ou grupos de palabras que teñen unha mesma raíz.
MAT
sfEstrutura alxébrica composta por unha familia de obxectos matemáticos e por unha familia de morfismos entre estes obxectos.
teoría de categoríasTeoría fundamentada sobre o concepto de categoría que se emprega nos problemas alxébricos onde se ten unha estrutura de base.
categoría taxonómicaBIOLPosición ou estado dun taxon na clasificación.