carro

< lat carru ‘carro’
Plural: carros
  1. s m ehículo de transporte movido por tracción animal que consta do chedeiro e o rodal.
  2. s m Pequeno vehículo de catro ou dúas rodas, movido de forma manual para transportar pequenas cargas.
  3. s m Carga ou conxunto de cousas transportadas por un carro.
  4. s m MAR
    1. Aparello que se emprega nas embarcacións de pesca para largar e recoller as redes.
    2. Armazón de táboas sobre a que se deposita unha embarcación.
    3. Anaco de madeira situado no fondo da proa da dorna que se emprega para inclinar máis ou menos o pau da vela.
  5. s m
    1. Mecanismo dotado de movemento de translación que transporta unha ferramenta ou calquera outro elemento dun lugar a outro nunha máquina.
    2. Peza da máquina de escribir que avanza horizontalmente para mover o papel a medida que se pulsan as teclas.
    3. GRÁF Bastidor de ferro sobre o que se coloca a forma que se vai imprimir e que corre polas bandas da máquina.
  6. s m METROL Medida de capacidade para áridos que oscila entre 25 e 125 feixes.
  7. ASTRON
    1. s m Nome popular da constelación da Osa Maior.
    2. carro pequeno/das estrelas Designación popular que recibe a constelación da Osa Menor.
    1. s m Carruaxe lixeira para a guerra, os desfiles e outros usos, aberta por detrás e tirada por dous ou catro cabalos, na que o condutor se mantiña dereito.
    2. carro de combate ehículo militar acoirazado e armado para o combate.
  8. s m Armazón provista de rodas ou corredeiras, construída en madeira ou metal, que serve para soster e transportar un canón ou unha arma de fogo portátil.
  9. s m ZOOL Parte do exoesqueleto que cobre o cefalotórax dos crustáceos decápodos.

Citas

  • No supermercado sempre collo un carro para facer a compra
  • O carro de esterco que trouxen non me chegou para toda a veiga
  • O día da festa xuntouse un carro de xente

Frases feitas

  • 2 Deixar encinta a unha muller.
  • Botar polo carro. Empurrar o carro nun paso dif
  • Carro anteposto. Expresi
  • Como se cantase/rousase un carro. Sen prestar atenci
  • Endereitarse o carro. Tomar un asunto un cariz favorable.
  • Non andar o carro. Quedar un negocio paralizado.
  • Non poder tirar por ese carro. Ter dificultades para realizar algo.
  • Ser das que botou o demo pola cueira do carro. Ser unha muller brava.
  • Torcerse o carro. Tomar un xiro adverso o asunto.
  • Untar o carro. Subornar a algu
  • ¡Vai tirar dun carro! D
  • Cargar o carro. 1 Embebedarse.
  • Parar o carro. Deterse ou conterse
  • Ser coma un carro ferrado. Ser moi s
  • Tirar do carro. Axudar a algu
  • ¡Deixa andar o carro coas rodas! Expresa indiferencia ou desentendemento.
  • ¿Falo eu ou renxe o carro?/¿Fala un tolo ou renxe o carro? Expresi

Refráns

  • O carro que renxe sempre alegra ao carreteiro.
  • O que han cantar os bois, vaino cantando o carro.
  • O que non canta o carro, cántano as dentoiras / treitoiras.
  • O que non unta o carro, quédase, ás veces, na corredoira.
  • O que queira vivir co carro, que o leve sempre ao seu coidado.
  • Quen o carro unta, aos seus bois axuda.
  • Se queres que o carro cante, mollalle o eixo no río.