smehículo de transporte movido por tracción animal que consta do chedeiro e o rodal.
smPequeno vehículo de catro ou dúas rodas, movido de forma manual para transportar pequenas cargas.
smCarga ou conxunto de cousas transportadas por un carro.
smMAR
Aparello que se emprega nas embarcacións de pesca para largar e recoller as redes.
Armazón de táboas sobre a que se deposita unha embarcación.
Anaco de madeira situado no fondo da proa da dorna que se emprega para inclinar máis ou menos o pau da vela.
sm
Mecanismo dotado de movemento de translación que transporta unha ferramenta ou calquera outro elemento dun lugar a outro nunha máquina.
Peza da máquina de escribir que avanza horizontalmente para mover o papel a medida que se pulsan as teclas.
GRÁFBastidor de ferro sobre o que se coloca a forma que se vai imprimir e que corre polas bandas da máquina.
smMETROLMedida de capacidade para áridos que oscila entre 25 e 125 feixes.
ASTRON
smNome popular da constelación da Osa Maior.
carro pequeno/das estrelasDesignación popular que recibe a constelación da Osa Menor.
smCarruaxe lixeira para a guerra, os desfiles e outros usos, aberta por detrás e tirada por dous ou catro cabalos, na que o condutor se mantiña dereito.
carro de combateehículo militar acoirazado e armado para o combate.
smArmazón provista de rodas ou corredeiras, construída en madeira ou metal, que serve para soster e transportar un canón ou unha arma de fogo portátil.
smZOOLParte do exoesqueleto que cobre o cefalotórax dos crustáceos decápodos.