carrizo

< raíz preindoeuropea carr-
Plural: carrizos
  1. PLANTA
    1. s m Planta herbácea perenne, da familia das poáceas, de rizomas leñosos e inflorescencia en panícula de pluma con tons violáceos. Vive en zonas húmidas.
    2. carrizo da Pampa [Cortaderia selloana] Planta herbácea, da familia das poáceas, dioica, de follas moi estreitas, verde agrisadas e coa beira dentada. As inflorescencias en panícula moi patentes e plumosas son de cor branca ou rosada.
  2. ANIMAL/ORNIT
    1. s m Ave, da familia dos troglodítidos, distribuída principalmente por América.
    2. carrizo común [Troglodytes troglodytes] Ave, da familia dos troglodítidos, de peteiro fino e curvado cara a abaixo, ás curtas e arredondadas, cola pequena e levantada, e plumaxe de cor castaña con listas nos flancos e nas ás.
    3. carrizo dos cactos [Campylorhynchus brunneicapillus] Carrizo de plumaxe agrisada que se localiza en ambientes áridos.
  3. carrizo branco ANIMAL/ORNIT estreliña.

Sinónimos