carencia

< lat carentĭa ‘carestía’
Plural: carencias
  1. s f Circunstancia de non ter ou faltar algunha cousa que se expresa.
  2. s f BOT Perturbación no metabolismo mineral da planta pola escaseza de algún elemento fundamental.
  3. carencia afectiva PSIC Ausencia ou insuficiencia de afecto cara ao neno pequeno, especialmente antes do cuarto ano de vida, por parte da nai ou do substituto materno.
  4. enfermidade por carencia PAT Afección provocada pola insuficiencia no organismo de elementos nutritivos indispensables.
  5. período de carencia ECON Lapso de tempo cotizado nos seguros para poder ser beneficiario dunha prestación determinada.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • As colleitas levantinas deste ano non son moi boas debido á carencia de auga, A carencia de medios económicos non impediu que realizasen a xira

Frases feitas

  • Levar un a carena. Realizar un traballo pesado.

Palabras veciñas