Feito de non estar algo ou alguén no lugar correspondente ou desexado.
Anotación na que se fai constar unha ausencia.
Oco que queda cando falta algo.
Ausencia da menstruación, especialmente debido ao embarazo.
sfElemento ou circunstancia que lle resta perfección a unha cousa.
sf
Dito ou feito contrario ás leis ou normas establecidas.
Erro que se comete de forma involuntaria.
DERAcción ou omisión voluntaria penada pola lei cunha sanción leve.
DEP
sfCalquera infracción ás regras do xogo, que normalmente se sanciona de distintos xeitos segundo a disciplina.
dobre faltaInfracción que comete o tenista cando non executa un saque regulamentario despois de dúas tentativas.
falta antideportiva/intencionadaInfracción que un xogador de baloncesto comete sobre o contrario cando manifestamente non existe posibilidade de que cunha acción defensiva regulamentaria poida recuperar o balón.
falta persoalInfracción individual que un xogador de baloncesto comete sobre un xogador do equipo contrario.
falta técnicaInfracción que comete calquera membro dun equipo de baloncesto cando incorre en condutas contrarias ao espírito deportivo.