sfEstado de inferioridade fisiolóxica dun órgano ou dunha glándula, incapaces de cumprir integramente as súas funcións.
insuficiencia cardíacaDiminución da capacidade funcional do corazón cando non chega a asegurar as necesidades de circulación de todas as partes do organismo, que pode ser esquerda, se falla este ventrículo, e global ou conxestiva, se ambos os dous ventrículos son insuficientes. OBS: Tamén se denomina miocardia.
insuficiencia circulatoriaEstado do organismo no que é imposible manter o volume sanguíneo necesario para cubrir as necesidades circulatorias dos órganos e dos tecidos.
insuficiencia hepáticaIncapacidade do fígado para levar a cabo as súas funcións.
insuficiencia pulmonarAfección rara que se produce pola oclusión incompleta dos sigmoides pulmonares na diástole ventricular.
insuficiencia renalEstado en que os riles están imposibilitados, nun grao máis ou menos elevado, para cumprir as súas funcións específicas.
insuficiencia respiratoriaFallo da función pulmonar que non pode proporcionar un recambio normal dos gases.
insuficiencia suprarrenalEnfermidade causada pola hipofunción aguda ou crónica do córtex das glándulas suprarrenais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Addison.