carapela

< carapa
Plural: carapelas
  1. s f
    1. Pel delgada que recobre a castaña por debaixo da casca.
    2. Pel externa, máis ou menos delgada, de certos froitos como a pataca ou a laranxa.
  2. s f Capa que se forma sobre o leite ao arrefriar.
  3. s f Casca exterior dalgunhas árbores como o bidueiro ou o eucalipto.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A carapela das froitas alimenta moito
  • Prefiro as castañas cocidas ás crúas porque lles sae mellor a carapela
  • Xa che servín o leite hai algún tempo e agora vaiche ter carapela