plana

< plano
Plural: planas
  1. s f GRÁF
    1. Cada unha das dúas caras dunha folla de papel.
    2. Páxina, especialmente a dun xornal ou revista.
    3. Conxunto de liñas compostas en tipografía que, despois de impresas, forman unha páxina.
  2. s f Cuberta exterior de froitos como a mazá ou a pataca.
    1. s f Conxunto de dirixentes e cargos principais dunha organización.
    2. plana maior BÉL Conxunto de xefes, oficiais, suboficiais e tropa que, dentro dunha unidade, auxilian directamente o xefe que ten o mando da unidade e da que dependen directamente.

Citas

  • A noticia saíu na primeira plana