crema

< fr crème
Plural: cremas
  1. s f Compoñente graxo do leite.
  2. s f ALIM Preparación culinaria usada en repostaría, feita con leite, xemas, azucre e aromatizada con vainilla.
  3. s f ALIM Licor espeso que ten unha cantidade de azucre superior ao 30%.
  4. s f QUÍM Emulsión semisólida de aplicación farmacéutica e cosmética que está constituída por unha fase lipoide e unha fase acuosa.
  5. s f ALIM Preparación culinaria que se obtén machucando os alimentos que a elaboran.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Asistiu ao congreso a crema da intelectualidade galega
  • Comprou un vestido de cor crema, Pintou a habitación dun crema claro
  • Xantamos crema de verduras

Formas incorrectas

natilla