capitán xeneralGrao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán.
sOficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería.
sBÉLGrao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.
sMAROficial graduado que exerce o mando dun navío mercante, de pesca ou de pasaxeiros.
sQuen manda ou capitanea un grupo de persoas en determinadas actividades.
sDEPDeportista que representa o seu equipo ante os árbitros ou xuíces.