capitanía

< capitán
Plural: capitanías
  1. s f Cargo, dignidade ou autoridade de capitán.
  2. s f Edificio onde radican as oficinas dun capitán xeneral.
  3. s f HIST Territorio sobre o que se estendía a xurisdición dun capitán.
  4. s f MAR Dereito que o capitán dun porto cobraba de todos os barcos que fondeaban alí.
  5. capitanía xeneral BÉL Demarcación territorial sobre a que exerce xurisdición un capitán xeneral.

Citas

  • Sempre aspirara á capitanía do seu equipo