capitán -tá

Pliral: capitáns Masculino: capitán Masculino plural: capitáns Femenino: capitá Femenino plural: capitás
  1. BÉL
    1. capitán xeneral Grao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán.
    2. s Oficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería.
  2. s BÉL Grao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.
  3. s MAR Oficial graduado que exerce o mando dun navío mercante, de pesca ou de pasaxeiros.
    1. s Quen manda ou capitanea un grupo de persoas en determinadas actividades.
    2. s DEP Deportista que representa o seu equipo ante os árbitros ou xuíces.

Formas incorrectas

capitana