cantiga

< lat cantĭca ‘cancións’
Plural: cantigas
  1. s f Composición versificada, normalmente de carácter popular, destinada ao canto.
    1. s f LIT Composición lírica dos trobadores galego-portugueses.
    2. cantiga de amigo Cantiga en que unha voz feminina fala do amigo e expresa os seus sentimentos por medio de monólogos ou de diálogos entre nai e filla, cunha confidente, coa natureza ou co amigo.
    3. cantiga de amor Cantiga en que a voz masculina expresa a paixón amorosa que sente cara á súa senhor, coa que mantén unha relación de vasalaxe amorosa.
    4. cantiga de escarnio e maldicir Cantiga de aspecto lúdico que fai unha crítica da política, dos estamentos sociais instalados no poder ou de diferentes personaxes da época.
    5. cantiga de romaría/de santuarios ariante tipolóxica da cantiga de amigo que sitúa o encontro dos namorados nun santuario.
    6. cantiga de seguir Cantiga en que dous trobadores intentan seguir cada un unha cantiga preexistente para demostrar a súa habilidade.

Sinónimos

Palabras veciñas