Medida ou número de unidades polo que se determina un conxunto de cousas da mesma clase.
FILOSPropiedade das cousas que fai que sexan medibles.
sfSuma de diñeiro máis ou menos importante.
sfLINGDuración dun son consonántico ou vocálico, dun ditongo ou dunha sílaba.
sfFILOSExtensión, en lóxica, dos termos dunha proposición e da proposición en si mesma.
sfMATCalquera expresión aritmética, alxébrica ou analítica á que se lle atribúe un valor.
FÍS
cantidade de calorEnerxía térmica que absorbe ou cede un corpo ao elevarse ou diminuír, respectivamente, a súa temperatura.
cantidade de materiaMagnitude física proporcional ao número de entidades elementais que forman a materia do sistema considerado. A unidade SI de cantidade de materia é o mol.
cantidade de movementoector p definido por p =m v , onde v é a velocidade dun punto material e m a masa dese punto. OBS: Tamén se denomina momentolinealdopunto.
Citas
Había cantidade de xente na romaría
Se prefire pagar a prazos, ten que pagar unha pequena cantidade mensual
Temos que calcular a cantidade de semente que precisamos para botar a veiga enteira, Pediulle unha cantidade de libros superior á que vendeu
Refráns
Bens, os que vexas; e casa, na que caibas.
Casa onde caibas, diñeiro sen conto, terras que non saibas.
Casas, cantas vivas; terras cantas che dían.
Do moito, pouco; e do pouco, nada.
Do pouco vaise facendo o moito, pouco a pouco.
Do pouco, pouco; e do moito, nada.
Galgo que moitas lebres levanta, algunha mata.
Máis caga un boi que cen andoriñas.
Máis come un boi que cen andoriñas.
Máis vale pouco e bo, que moito e malo.
Máis vale unha de varón ca un cento de gorrión.
Máis valen poucos moitos que moitos poucos.
Mentres máis somos máis valemos.
Non hai pouco que non baste nin moito que non se gaste.
Non haí pouco que non chegue nin moito que non se acabe.
Nosos país a pulgadas e nós a brazadas.
O pouco agrada e o moito enfada.
O pouco nunca deu moito.
Pan, con fartura; e viño, con mesura.
Papas, ata a porta; coles, ata a horta; e fabas, para todo o ano.
Por unha presa de fariña, que as papas non queden moles.
Quen ten pouco, con media cazola ten de abondo.
Tanto é o máis coma o menos.
Tanto ten o máis como ten o menos.
Tódolos anos choveu o mesmo, canado máis, canado menos.
Tres poucos que valen máis que moitos moitos: pouco sol, pouca cea e pouca pena.