sfComposición versificada, normalmente de carácter popular, destinada ao canto.
sfLITComposición lírica dos trobadores galego-portugueses.
cantiga de amigoCantiga en que unha voz feminina fala do amigo e expresa os seus sentimentos por medio de monólogos ou de diálogos entre nai e filla, cunha confidente, coa natureza ou co amigo.
cantiga de amorCantiga en que a voz masculina expresa a paixón amorosa que sente cara á súa senhor, coa que mantén unha relación de vasalaxe amorosa.
cantiga de escarnio e maldicirCantiga de aspecto lúdico que fai unha crítica da política, dos estamentos sociais instalados no poder ou de diferentes personaxes da época.
cantiga de romaría/de santuariosariante tipolóxica da cantiga de amigo que sitúa o encontro dos namorados nun santuario.
cantiga de seguirCantiga en que dous trobadores intentan seguir cada un unha cantiga preexistente para demostrar a súa habilidade.