cambio

< cambiar
Plural: cambios
  1. s m Acción e efecto de cambiar ou cambiarse.
  2. ECON
    1. s m Adquisición dun tipo de moeda distinta da que se posúe.
    2. s m Prezo da cotización dos valores mercantís.
    3. libre cambio Situación económica caracterizada por unha ampla capacidade operativa das leis de mercado, que determinan espontaneamente a formación das relacións de equivalencia entre os bens e os factores da produción, tanto interna como internacionalmente.
    4. taxa de cambio Prezo dunha divisa estranxeira en termos da unidade monetaria nacional.
  3. s m
    1. Cartos que sobran ao pagar algo cunha cantidade superior ao seu prezo.
    2. Moeda fraccionaria.
  4. LING
    1. s m Calquera mutación que sofre a lingua.
    2. cambio fonético Modificación que sofre un son na evolución dunha lingua.
    3. cambio semántico Alteración que se produce na significación dunha palabra.
  5. cambio climático CLIMAT Hipótese de alteración do clima terrestre que defende a orixe antrópica do incremento das temperaturas observado desde mediados do s XIX.
  6. cambio de estado FÍS Paso dun corpo dun estado físico a outro.
  7. cambio de marchas/velocidades TECNOL Dispositivo constituído por dous eixes, conectados entre eles por un sistema que permite variar a velocidade dun respecto á do outro.
  8. cambio de rasante Punto máis alto dunha costa que, nunha vía imposibilita a visibilidade da baixada que está a continuación.
  9. cambio de vía TECNOL Dispositivo situado nas vías do tren que permite que estes vehículos pasen da vía na que están a outra converxente.
  10. cambio social SOCIOL Concepto introducido por W. F. Ogburn (1922) para superar todos os problemas que supuña tratar con termos como progreso, desenvolvemento ou evolución.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A ver se me axudas a amañar a bicicleta porque non lle funciona o cambio de marchas
  • No banco déronme cambio do billete de cinco mil: tres billetes de mil, dúas moedas de cincocentas e dez de cen pesetas
  • O cambio do euro con respecto ao dólar baixou nestes últimos días
  • O cambio eran cinco duros e deixeillos quedar ao camareiro
  • Os ladróns levaron todo o cambio que había na caixa do bar
  • Por mor do cambio de horario de saída do avión, quedaremos en terra, Afectoulle tanto o cambio de clima que agora está moi recuperado da súa doenza
  • Subiu o cambio das accións da súa empresa

Frases feitas

  • A cambio loc adv En compensaci
  • En cambio loc adv Pola contra, non obstante . Ex: Non

Refráns

  • A burro vello múdalle o alimento e darache o pelexo.
  • A quen se muda, múdalle a ventura.
  • Hoxe todo vai pola nova. Se iso é bo, mañá o dirá quen poida.
  • Moitas veces mudarse non é mellorarse.
  • Muda o lobo os dentes máis non as mentes.
  • O lobo muda o pelo mais non o vezo.
  • O que se muda, Deus o axuda.
  • O que troca odre por odre, algún deles ten que ser podre.
  • Odre por odre, un ha saír podre.
  • Quen muda de amo, muda de fado.
  • Se mudas ao vello de terra, logo che dará el a pelexa.