cambiar

< lat tardío cambiāre
  1. v t
    1. Dar unha cousa e recibir outra no seu lugar.
    2. Dar unha cantidade de diñeiro nun tipo de moeda e recibir o equivalente noutra distinta.
  2. v t Facer que algo ou alguén adquira características diferentes ás que tiña.
  3. v t Quitar unha cousa ou unha persoa dalgún lugar para colocalo noutro.
  4. v t Quitar a roupa posta para pór outra. Tm v pron.
  5. v i olverse diferente unha persoa ou cousa.
  6. v i Meter unha marcha distinta á que levaba un vehículo con motor.
  7. v pron Pasar algo a un estado diferente.

Confrontacións

Citas

  • A tintura cambia a cor dos cabelos
  • Cambia de residencia cada ano
  • Cambia ese disco e pon algo máis tranquilo, No segundo tempo cambiaron o porteiro por lesión, O raposo cambia de pelo, pero non de mañas
  • Cambiou a televisión da cociña para a sala, Cambiaron os pacientes do hospital de andar
  • Cambiou de idea e non veu á festa
  • Cambiou o apartamento da praia por un piso no centro, Os meus amigos non os cambiaría por nada no mundo
  • É importante que nos reunamos e cambiemos impresións
  • Este ano xa se cambiou de traballo tres veces, Cambiuose á aldea veciña
  • Moito cambiaches desde que non nos vemos
  • Na rampa, cambia cando vexas que o motor non tira con forza, Como estaba sen freos, cambiei a marcha para reducir a velocidade
  • Necesito cambiar os dólares que me sobraron da viaxe
  • O amor cambiouse en ira ao saber que o enganara
  • O vento cambiou e arrastrou a chalana novamente á praia
  • Ten a capacidade de cambiar os defectos en virtudes
  • Xa cambiei o neno tres veces e non me quedan cueiros limpos, ¡Cámbiate, que á festa con eses trapos non te levo!

Palabras veciñas

Verbo: cambiar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambio

cambias

cambia

cambiamos

cambiades

cambian

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiaba

cambiabas

cambiaba

cambiabamos

cambiabades

cambiaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiei

cambiaches

cambiou

cambiamos

cambiastes

cambiaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiara

cambiaras

cambiara

cambiaramos

cambiarades

cambiaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiarei

cambiarás

cambiará

cambiaremos

cambiaredes

cambiarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiaría

cambiarías

cambiaría

cambiariamos

cambiariades

cambiarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambie

cambies

cambie

cambiemos

cambiedes

cambien

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiase

cambiases

cambiase

cambiasemos

cambiasedes

cambiasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiar

cambiares

cambiar

cambiarmos

cambiardes

cambiaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

cambia

-

-

cambiade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cambiar

cambiares

cambiar

cambiarmos

cambiardes

cambiaren

Xerundio

cambiando

Participio

cambiado

cambiada

cambiados

cambiadas