smAdquisición dun tipo de moeda distinta da que se posúe.
smPrezo da cotización dos valores mercantís.
libre cambioSituación económica caracterizada por unha ampla capacidade operativa das leis de mercado, que determinan espontaneamente a formación das relacións de equivalencia entre os bens e os factores da produción, tanto interna como internacionalmente.
taxa de cambioPrezo dunha divisa estranxeira en termos da unidade monetaria nacional.
sm
Cartos que sobran ao pagar algo cunha cantidade superior ao seu prezo.
Moeda fraccionaria.
LING
smCalquera mutación que sofre a lingua.
cambio fonéticoModificación que sofre un son na evolución dunha lingua.
cambio semánticoAlteración que se produce na significación dunha palabra.
cambio climáticoCLIMATHipótese de alteración do clima terrestre que defende a orixe antrópica do incremento das temperaturas observado desde mediados do s XIX.
cambio de estadoFÍSPaso dun corpo dun estado físico a outro.
cambio de marchas/velocidadesTECNOLDispositivo constituído por dous eixes, conectados entre eles por un sistema que permite variar a velocidade dun respecto á do outro.
cambio de rasantePunto máis alto dunha costa que, nunha vía imposibilita a visibilidade da baixada que está a continuación.
cambio de víaTECNOLDispositivo situado nas vías do tren que permite que estes vehículos pasen da vía na que están a outra converxente.
cambio socialSOCIOLConcepto introducido por W. F. Ogburn (1922) para superar todos os problemas que supuña tratar con termos como progreso, desenvolvemento ou evolución.