cabezo

< cabeza
Plural: cabezos
  1. s m Parte máis alta dun monte.
  2. s m
    1. Capa de graxa que se forma na superficie dun líquido.
    2. Tona de nata que se forma na superficie do leite.
  3. s m Rocha en forma de punta, somerxida moi próxima á superficie cando a marea está alta e que sobresae da auga cando a marea está baixa.

Confrontacións

Citas

  • Coa culler intentei retirar o cabezo do leite
  • Subiron ao cabezo do monte ao mediodía e fotografaron as vistas