botar

< gascón antigo botar fr antigo boter xerm *bōtan ‘golpear, empuxar’
  1. v t Facer que algunha cousa se desprace ata un lugar mediante un impulso.
  2. v t Deixar caer algo nun sitio concreto.
  3. v t Permitir ou facer que algunha cousa saia fóra de si.
  4. v t Xerar un organismo vivo unha nova parte do seu ser.
  5. v t Situar calquera parte do corpo nunha posición determinada realizando un movemento.
  6. v t Aplicar algunha cousa nun lugar concreto.
  7. v t Facer que alguén deixe un posto.
  8. v t Levar a cabo diversas accións que veñen expresadas polos complementos correspondentes.
  9. v t Emitir algunha cousa nun medio de comunicación.
  10. v t Dar ou repartir algo.
  11. v t Empregar tempo ou esforzo na realización dalgunha cousa.
  12. v t Permanecer certo tempo nun lugar.
  13. v t Encirrar a un animal para que ataque.
  14. v t Espallar a semente para que produza.
  15. v t Desenvolver un xogo.
  16. v t Residir un tempo determinado nalgún lugar.
  17. v t MAR Poñer na auga unha embarcación nova.
  18. v pron Lanzarse precipitadamente cara a algo ou alguén.
  19. v pron Tenderse en posición horizontal.

Confrontacións

Citas

  • A Xaquín teñen que botalo do equipo polas reiteradas faltas de asistencia
  • Antes de nada teño que botar a quiniela
  • Bótame a pelota co pé
  • Botamos varios anos en Santiago de Compostela, pero agora volvemos para as nosas vilas
  • Botei todo o día para completar o informe
  • Botei unha semana de vacacións en Palma coa miña muller
  • Botoulle cemento no piso do garaxe
  • Botoulle os cans para que o trabasen
  • Botouse de cabeza ao río e case a parte, Botáronse entre todos e conseguiron desarmalo
  • Coa chegada da primavera, a cerdeira botou as novas flores
  • É moi boa época para botar o millo
  • Hai que botar o pan reseso no caldeiro das galiñas
  • Hoxe é un bo día para botar o barco que repararon no estaleiro de Bazán
  • María botou a perna por riba do meu ombro practicando karate
  • Non a espertes porque aínda se botou hai un anaco.
  • Non sei o título do filme que botan esta tarde no cine
  • O noso alcalde non sabe botar discursos
  • O volcán bota lava dende o luns á noite, O caldeiro da comida botaba moito fume, O pipote bota viño porque esta roto
  • ¡Bota o can da cociña!
  • ¡Bota outro vaso de viño!
  • ¡Bótalle o que nos custou este magnífico aparato de radio!
  • ¿Botamos unha brisca?

Frases feitas

  • Aguantar o que (lle) boten. Aturar pacientemente incomodidades ou contrariedades.
  • Botar (unha) man. Axudar.
  • Botar a rolos unha aloia. P
  • Botar en saco roto. Non sacar proveito dos consellos.
  • Botar escuma pola boca. Estar alporizado ou rabioso.
  • Botar niebla e pestes. Falar mal levado pola ira.
  • Botar os ollos a algunha cousa. Fitala.
  • . Botar a(s) culpa(s). Considerar culpable a unha persoa do que non fixo.
  • . Botar as contas da vella. Actuar precipitadamente
  • 1 Destru
  • 2 Desenvolverse ben economicamente.
  • 2 Mellorar a sa
  • 2 Arruinar a unha persoa.
  • Botalas como lousas/por arrobas. Esaxerar.
  • Botalas como mantas. Criticar con dureza ou calumniar a algu
  • Botar a alma pola boca. Estar esgotado.
  • Botar a alma. Facer un grande esforzo.
  • Botar a andar algunha cousa. Po
  • Botar a barba a remollo. Deixar que pase o tempo.
  • Botar a barba os cereais. Comezar a botar a espiga.
  • Botar a cambadela. Prexudicar a alg
  • Botar a mala parte. Interpretar algunha cousa negativamente.
  • Botar a palla perra. Botar a sortes.
  • Botar a perder.
  • Botar a sonada. Ser difamado.
  • Botar abaixo. Frustrar algunha cousa.
  • Botar as cargas a outro. Atribu
  • Botar as palabras polo atallo. Falar moito.
  • Botar auga no mar. Facer unha cousa in
  • Botar augas. Ouri
  • Botar barriga. Fachendear.
  • Botar carnes. Engordar.
  • Botar chispas. Estar furioso.
  • Botar contas. Considerar as consecuencias dalgunha cousa.
  • Botar de cabeza. Arruinar a algu
  • Botar de menos. Estra
  • Botar lume (polos ollos). Estar indignado e col
  • Botar man do asunto. Encargarse.
  • Botar moito por ela. Esforzarse por parecer ben.
  • Botar na cara. Reprochar.
  • Botar nunha cousa. Adquirila.
  • Botar o burro. Acabar primeiro un labor.
  • Botar o corpo. Medrar.
  • Botar o lazo. Prender.
  • Botar o mal de ollo. Enmeigar.
  • Botar o paxaro. Ouri
  • Botar pelo. Andar ben as cousas.
  • Botar pestes. Falar mal e encolerizado.
  • Botar por ela. Ser moi fachendoso.
  • Botar por terra. Sa
  • Botar resmas. Pronunciar inxurias.
  • Botar soberbias. Ser orgulloso.
  • Botar un discurso. Sermonear.
  • Botar un eito. Facer un labor concreto.
  • Botar unha amarra. Atar o barco.
  • Botar unha
  • Botar(se) + a + inf. Per
  • Botar(se) a perder. Estragarse algo.
  • Botarse a achar. Adivi
  • Botarse a auga encima. P
  • Botarse contas. Supo
  • Botarse de cabeza. Acometer unha empresa moi dificultosa temerariamente.
  • Botarse de peito. Po
  • Dicir palabras de santo e botar as unllas como (de) gato. Actuar con hipocris
  • Estar botando as mantas no hospital. Ser entrometido.
  • Estar que bota escuma pola boca. Estar encolerizado.
  • Facer a festa e botar os foguetes. Rir cos chistes propios.
  • Non pagar a pena botar a perder a ola por unhas areas de sal. Expresa que por un pequeno esforzo que se faga, pode conseguirse o desexado.
  • Ser das que botou o demo pola cueira do carro. Indica que unha muller
  • Ser un bota por ela. Ser fachendoso.
Verbo: botar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

boto

botas

bota

botamos

botades

botan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botaba

botabas

botaba

botabamos

botabades

botaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botei

botaches

botou

botamos

botastes

botaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botara

botaras

botara

botaramos

botarades

botaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botarei

botarás

botará

botaremos

botaredes

botarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botaría

botarías

botaría

botariamos

botariades

botarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bote

botes

bote

botemos

botedes

boten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botase

botases

botase

botasemos

botasedes

botasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botar

botares

botar

botarmos

botardes

botaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

bota

-

-

botade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

botar

botares

botar

botarmos

botardes

botaren

Xerundio

botando

Participio

botado

botada

botados

botadas