sementar

< semente
  1. v t Esparexer ou plantar as sementes dunha planta na terra preparada para recibila, para que naza nela aquela planta. Tm abs.
  2. v t Efectuar unha sementeira.
  3. v t Esparexer cousas coma se fosen sementes que se lanzan.
  4. v t Provocar que se orixine algunha cousa.

Sinónimos

Citas

  • Coas súas palabras só sementa a discordia
  • Hoxe sementou o millo, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Esta semana sementamos
  • Sementaron a doutrina católica por onde pasaron, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Os pais sementan e os fillos recollen
  • Sementaron o patio de pedras
  • Sementou as follas do seu diario polo cuarto
  • Sementou toda a veiga de millo

Refráns

  • Como sementares e estercares, así collerás cando segares.
  • Como sementedes, así colleredes.
  • Do que se sementa é do que se colleita.
  • Do que sementes collerás.
  • Gran debaixo do terrón, gran morto; e debaixo da pedra, torto.
  • O que ben sementa, ben colleita.
  • O que sementa e cóa, tanto gaña de noite como de día.
  • O que sementa sen semente, sega sen fouciño.
  • O que vi, ve da labranza vive de esperanza.
  • Quen sementa sega.
  • Sementa e cóa e terás alegría.
  • Sementa para coller e colle para sementar.
  • Tal como sementes, collerás.
  • Tal semente ira farás, cal sexa a semente que sementarás.
  • Tal sementeira, tal sega.
Verbo: sementar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

semento

sementas

sementa

sementamos

sementades

sementan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementaba

sementabas

sementaba

sementabamos

sementabades

sementaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementei

sementaches

sementou

sementamos

sementastes

sementaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementara

sementaras

sementara

sementaramos

sementarades

sementaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementarei

sementarás

sementará

sementaremos

sementaredes

sementarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementaría

sementarías

sementaría

sementariamos

sementariades

sementarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

semente

sementes

semente

sementemos

sementedes

sementen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementase

sementases

sementase

sementasemos

sementasedes

sementasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementar

sementares

sementar

sementarmos

sementardes

sementaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

sementa

-

-

sementade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sementar

sementares

sementar

sementarmos

sementardes

sementaren

Xerundio

sementando

Participio

sementado

sementada

sementados

sementadas