"hiper" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 213.

  • Tumor ou hiperplasia cutáneos benignos producidos por un desenvolvemento excesivo da capa espiñosa de Malpighi.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.

      2. Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.

      3. Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.

      4. Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.

      5. Líquido oleoso que se extrae  dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.

      1. Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.

      2. Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.

      3. Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hiperplasia do tecido glandular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do psiquismo que implica unha hipersensibilidade mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección patolóxica motivada por un exceso de alcalinidade no solo.

      1. Autointoxicación orgánica con alteración do equilibrio ácido-básico do organismo caracterizada por un predominio dos catións.

      2. Alcalose caracterizada pola presenza dun exceso de bases ou pola perda de ións hidróxeno.

      3. Alcalose debida fundamentalmente a unha hiperpnea que conduce a unha eliminación excesiva de anhídrido carbónico con produción de hipocapnia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode provocar hipersensibilidade e reaccións en forma de alerxias.

      1. Substancia do medio que, actuando como antíxeno, pode determinar a formación de anticorpos IgE.

      2. Cada un dos extractos obtidos das substancias que se supón que poden causar alerxia, destinados ao diagnóstico específico da alerxia pola reacción que producen ao seren aplicados na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da capacidade reactiva dos tecidos dun ser vivo, xeralmente en forma de hipersensibilidade, despois de ser sensibilizado por un antíxeno.

    2. Sensibilización patolóxica producida por desencadeamento de trastornos de orixe emocional.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano constituído por un retículo de tecido linfático e epitelial.

      2. Amígdala situada na porción nasal da farinxe. A súa hipertrofia constitúe a afección denominada vexetacións adenoides.

      3. Amígdala situada no dorso da lingua.

      4. Cada un dos dous órganos que se atopa a un e outro lado do padal, entre os piares. A súa inflamación coñécese como amigdalite.

      5. Amígdala localizada na trompa de Eustaquio, como parte integrante do anel linfático de Waldeyer.

    1. Lóbulo raquídeo do cerebelo, de forma semellante ao dunha amígdala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de hipersensibilidade que manifesta un organismo logo da introdución dun antíxeno que ao ser administrado por primeira vez non produciu reacción ou foi moi lixeira. Pode ser moi grave e producir un shock anafiláctico. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de dous vasos ou nervios, directamente ou mediante un terceiro.

      1. Comunicación artificial entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.

      2. Comunicación de tipo terminal-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava que se efectúa para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar a hemorraxia das varices esfáxicas.

    2. Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada, polo que se acaban formando ínsuas.

    VER O DETALLE DO TERMO