aceite
ár az-zait ‘zume da oliva’
-
-
s
[IND ]
Graxa líquida de procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.
-
aceite de copra /
[ALIM/QUÍM ]
Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.
-
aceite de fígado de bacallau
Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.
-
aceite de liñaza
[QUÍM ]
Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.
-
aceite de oliva
[ALIM ]
Líquido oleoso que se extrae dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.
-
s
[IND ]
-
-
s
Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.
-
aceite alcanforado/de alcanfor
Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.
-
aceite de rícino
Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.
-
aceite graxo
Cada unha das mesturas líquidas de glicéridos que se obtén das graxas animais e vexetais.
-
aceite eléctrico/illante
Aceite mineral refinado que se emprega como illante eléctrico e refrixerante en transformadores, circuítos de freos e contactos eléctricos.
-
aceite lubricante
Aceite vexetal refinado que se emprega para lubrificar superficies móbiles.
-
aceite mineral
Cada unha das fraccións da destilación do petróleo ou do alcatrán que se pode considerar como aceite pola súa viscosidade.
-
aceite secante
Aceite vexetal que se combina co óxido do aire e adquire consistencia branda e flexible. Emprégase como aglutinante de pinturas e vernices.
-
s
-
s
m
[TECNOL ]
Calquera graxa líquida que se emprega como lubrificante.
Refráns
- Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
- Bota ben aceite á "sartén" e fritirás ben.
- Co aceite non se pode andar sen se lixar.
- Moito aceite;: na "sartén", se queres fritir ben.
- O aceite da oliveira cura as doenzas.
- O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.
- O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
- Pouco aceite dan por un carto.
- Quen aceite mestura, as mans unta.