amígdala
amígdala
lat amygdăla gr ἀ μυγδάλη ‘améndoa’
-
s
f
-
Órgano constituído por un retículo de tecido linfático e epitelial.
-
amígdala farínxea ou de Luschka
Amígdala situada na porción nasal da farinxe. A súa hipertrofia constitúe a afección denominada vexetacións adenoides.
-
amígdala lingual
Amígdala situada no dorso da lingua.
-
amígdala palatina
Cada un dos dous órganos que se atopa a un e outro lado do padal, entre os piares. A súa inflamación coñécese como amigdalite.
-
amígdala tubárica
Amígdala localizada na trompa de Eustaquio, como parte integrante do anel linfático de Waldeyer.
-
-
s
f p ext
[ANAT ]
Lóbulo raquídeo do cerebelo, de forma semellante ao dunha amígdala.