"deus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 448.

    1. Renunciar voluntariamente aos propios intereses cunha finalidade altruísta.

    2. Mortificarse en beneficio de Deus, do próximo ou de si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abusar.

    2. Aquilo que é abusivo.

      1. Acción de facer uso dun poder ou obxecto máis alá do que se considera lícito.

      2. Extralimitación dunha autoridade no uso das súas atribucións.

      3. Acto ilícito polo que o autor se aproveita das facilidades que unha relación de lealdade comporta.

      4. Acto ou omisión que sobrepasa os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro.

      5. Uso de medios físicos de ataque excesivos e desiguais que debilitan a defensa da víctima.

    3. agresión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar á fin unha cousa comezada.

    2. Non deixar nada dalgunha cousa.

    3. Chegar á última parte de algo.

    4. Someter algo á operación de acabamento.

    5. Chegar a unha situación determinada.

    6. Ter como parte final aquilo que se expresa. OBS: Vai seguido da preposición en e con.

    7. Ter fin. Tm v pron.

    8. Pór fin a algo. OBS: Vai seguido da preposición con.

    9. Estar esgotada algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan que non levedou.

    2. Pan sen levedar que, durante a Pascua, comen os xudeus para lembrar a súa saída de Exipto. Emprégao a Igrexa católica para a institución da eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito realizado polo home, efecto dunha determinación da vontade.

    2. Acontecemento ou feito público.

    3. Estado de existencia real que se opón á potencia na filosofía de Aristóteles.

    4. Unidade significativa de produción verbal na que concorren a un mesmo tempo pronuncia e significado, intención coa que se dixo algo e repercusións que ten o que se dixo.

    5. Cada unha das partes nas que se divide unha obra escénica, separada das outras por un intervalo.

    6. Declaración de vontade, de xuízo, de coñecemento ou de desexo realizado pola administración pública no exercicio dunha potestade administrativa distinta da regulamentaria.

    7. coito.

    8. Acto que fai referencia ao cumprimento da función pública por parte dun funcionario, especialmente por parte dun militar ou dun axente armado.

    9. Acto que, segundo a escolástica, provén dunha decisión libre e persoal.

    10. Acto anormal que realiza un enfermo mental.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión de despedida.

    2. Expresión ou aceno que se emprega para despedirse de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma que Xesus Cristo é fillo de Deus só por adopción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presidente da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas.

    2. Persoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa.

    3. Alcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade de poboación de pequeno tamaño, de ámbito inferior ao parroquial.

    2. Concepto que xorde co espallamento das novas tecnoloxías da comunicación, que permiten coñecer en directo todo tipo de acontecementos que suceden en lugares do mundo afastados da persoa que ten acceso a esa información.

    VER O DETALLE DO TERMO