alcalde -sa

alcalde -sa
Plural: alcaldes Masculino: alcalde Masculino plural: alcaldes Feminino: alcaldesa Feminino plural: alcaldesas
  1. s

    Presidente da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas.

  2. alcalde de barrio

    Persoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa.

  3. alcalde pedáneo

    Alcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte.

Refráns

  • Alcalde de aldea, o que queira selo, que o sexa.
  • Alcalde de monteiriña ¡ai, se cargado te pilla!
  • Alcalde de vara verde e muller de pouco importa non hai que fiar deles cousa.
  • Alcalde novo, todo é xusticia / todas son leis.
  • Alcalde, nin de balde.
  • Coraxudo alcalde é este, que a tódalas donas prende.
  • De alcalde a verdugo mirade como subo.
  • Non ornearon en balde un alcalde e outro alcalde.
  • Padriño de voda e alcalde de aldea, o demo que o sexa.
  • Por faIta de homes bos a meu pai fixeron alcalde.
  • ¡Deus te garde de alcalde novo e de escribán vello
  • ¡Deus te libre de alcalde novo e de escribán vello!