"URBAN" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 84.

  • Espazo que se encontra arredor do centro urbano, pero fóra da súa limitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento con características urbanas desenvolvido na Unión Soviética a partir de 1949

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presidente da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas.

    2. Persoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa.

    3. Alcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.

    2. Liña pola que se fai un aliñamento.

    3. Conxunto de pedrafitas dispostas en ringleira nun espazo aberto seguindo un plan predeterminado das que descoñecemos o seu obxectivo e a súa función.

    4. Liña fixada polos planos, estudos de detalle e normas urbanísticas que debe ser obrigatoriamente respectada polas edificacións urbanas na súa situación respecto ás vías e prazas públicas.

    5. Igualdade na disposición que poden adoptar as liñas nun parágrafo ou texto calquera.

    6. Acción e efecto de aliñarse nun dos grandes bloques nos tempos da Guerra Fría.

    7. Cada unha da liñas das cartas celestes que teñen como finalidade axudar a recoñecer as estrelas e as constelacións.

    8. Efecto de colocar as tropas sobre unha liña recta imaxinaria que se supón trazada no terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo da Gallaecia romana, no Convento Asturicense que, segundo as fontes romanas, ocupaba a área próxima de Asturica Augusta, núcleo urbano principal deste pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asociar ou de asociarse.

    2. Rango básico no sistema fitosociolóxico de clasificación. O nome fórmase a partir do nome científico dunha ou de dúas plantas presentes na diagnose orixinal do sintaxon e defínese por uns inventarios florais.

    3. Unión de diversas persoas cun vínculo xurídico para un fin común.

    4. Agrupación de diversas persoas, vinculadas xuridicamente, para a obtención dun fin non lucrativo que exclúe a obtención por parte dos asociados dunha ganancia proporcional ás cotas ou participacións preestablecidas.

    5. Unidade ecolóxica na que dúas ou máis especies se atopan máis frecuentemente emparelladas do que se esperaría se se desenvolvesen independentemente.

    6. Figura que consiste en aplicar a moitos iso que se refire implicitamente a un só.

    7. Formación de especies moleculares relativamente complexas pola unión de dúas ou máis moléculas simples dunha mesma substancia.

    8. Grupo formado cos tipos taxonómicos de solos que aparecen xuntos nunha rexión e que presentan unha determinada relación entre eles.

    9. Agrupación dos propietarios de terreos suxeitos ao sistema de execución urbanística de cooperación que, ademais de achegar os terreos de cesión obrigatoria, colaboran coa administración pública na execución das obras de urbanización.

    10. Cultivo simultáneo de dúas ou máis plantas de diferentes especies sobre o mesmo terreo para acadar un maior rendemento económico ou unha mellora na calidade da produción.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dispositivo que separa un lugar doutro ou ben impide o paso a un lugar.

    2. Obstáculo ou impedimento para que algo se realice.

    3. Parapeto que servía para defenderse dos inimigos.

    4. Fila de xogadores que se colocan diante da meta para evitar que o equipo contrario acade un tanto durante o lanzamento dun golpe franco.

    5. Obstáculo, de calquera tipo, que afecta á capacidade de dispersión dunha especie.

    6. Antepeito de madeira que circunda o círculo central das prazas de touros e que serve de protección aos toureiros.

    7. Sistema defensivo realizado polo suxeito contra as lembranzas e motivacións indesexables.

    8. Pantalla que se sitúa na beira dunha vía, especialmente en zona urbana, para limitar o efecto do ruído dos vehículos sobre as edificacións veciñas.

    9. Conxunto de fenómenos térmicos que aparecen nunha aeronave, polo efecto do quentamento cinético.

    10. Muro baixo construído no leito dun río ou no fondo do mar, cando se producen movementos de auga, para reter os seixos e a area.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo urbano singularizado respecto ao seu contorno por diversos aspectos.

    2. Zona situada nos arredores dunha poboación.

    3. Lugar dunha parroquia.

    4. Conxunto de varias construcións castrexas e os seus anexos, que poden quedar individualizados no conxunto do castro por un pequeno muro.

    5. Zona urbana onde vive a xente máis modesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra que se utilizaba para bater os castelos e prazas fortes.

    2. Recinto urbano fortificado e de trazado hipodámico que empregaron os francos para establecer os seus colonos nas terras que ocupaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo urbano formado ao redor dun castelo ou dunha cidade amurallada como consecuencia do crecemento demográfico e comercial da Europa medieval.

    2. Aldea ou poboación moi pequena que depende doutra principal, situada nun lugar próximo.

    3. Zona exterior dunha cidade, vila ou aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO