"Stalino" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 94.

    1. Teorema segundo o que para un número ε pequeno, a probabilidade P de que a diferenza entre a frecuencia f do suceso favorable nunha serie de probas e a probabilidade p de que este feito sexa, en valor absoluto, superior a ε tende a cero ao aumentar indefinidamente o número de probas. OBS: Tamén se denomina lei débil dos números grandes.

    2. Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado

    3. Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:


      FORMULA

                                                      
                                         ?? s A.dS = ??? v divA dV

      O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S.

    4. Teorema que se basea no teorema da calor que constitúe o terceiro principio da termodinámica: ao cero absoluto de temperatura, a entropía dun corpo cristalino perfecto é nula.

    5. Teorema segundo o que os tres puntos de intersección dos lados opostos dun hexágono inscrito nunha cónica determinan unha recta denominada recta de Pascal.

    6. Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado que ten por lado a hipotenusa é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos.

    7. Teorema segundo o que se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado

    8. Teorema que establece que se tres rectas r, r e r que se cortan en O son interceptadas polas rectas paralelas S, S nos puntos A, A e A en S, e nos puntos B, B e B en S), cúmprense as seguintes relacións:






                                       OA___           OA___          OA’’_____
                                    ______ = ______ = ______ ;
                                       AB___          A’B’____         A’’B’’_____

                                       OA___           OB___        
                                    ______ = ______ .
                                       AA       ___           BB’____

    9. Teorema segundo o que se f(x) é unha función dunha variable real e derivable n veces, vén dado pola fórmula:









                    f(x)=f(a)+f’(a)(x-a)+  1__ 2! f’’(a)(x-a)2+...

                             ... +  1__n! f (n) (a)(x-a) n +R n + 1 a(x)
      onde R n (x) se coñece como resto.

    10. Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido cristalino que ten a estrutura da dixitotoxina cun grupo acetilo fixado sobre unha das moléculas de D-dixitoxosa. Emprégase en medicina como cardiotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás substancias graxas.

    2. Sólido cristalino, de cor branca, que se emprega no proceso de fabricación do nailon 66, poliésteres, adipatos e como aditivo alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino branco, que se utiliza como herbicida contra algunhas monocotiledóneas e actúa interferindo a fotosíntese. OBS: Tamén se denomina amitrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radical monovalente hipotético, de fórmula NH 4 , do que deriva o ión amonio e os sales amónicos.

    2. Composto utilizado en tintura, para conservar carnes e en medicina polas súas propiedades expectorantes e diuréticas.

    3. Designación xenérica dos radicais monovalentes -NR 4 , que resultan de substituír no radical amonio os catro hidróxenos por grupos alquilos e se aplican industrialmente como desinfectantes, funxicidas, desodorantes e deterxentes.

    4. Sólido que se utiliza para desengraxar materias téxtiles, en extintores de incendios, en levaduras químicas e en medicina como expectorante e carminativo.

    5. Substancia que se utiliza para os gravados en vidro, para abrillantar o aluminio e como esterilizante na industria da cervexa e do leite.

    6. Sólido cristalino que se obtén mediante a neutralización do ácido bromhídrico con amoníaco e que se utiliza en fotografía, en litografía, para facer ignífuga a madeira e en medicina como sedante de rápida absorción.

    7. Cristais que se empregan como fertilizante.

    8. Mestura de bicarbonato e de carbonato amónico que se utiliza en tintura, nos fermentos químicos e en medicina como expectorante e carminativo.

    9. Cristais que se empregan como electrólito en pilas secas ou en medicina como expectorante e diurético.

    10. Compostos que se empregan na fabricación de mistos e tamén en soldadura.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos corpos cristalinos que non teñen eixe de simetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino e higroscópico, que se emprega no tratamento do paludismo, da astenia e nos estados de desnutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino, que se funde a 99°C, isómero de naftaleno, que ten o seu mesmo olor, o mesmo sistema cristalino e parte das súas reaccións químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.

    2. Calquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.

    3. Bordo elástico que rodea a táboa do billar.

    4. Aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.

    5. Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.

    6. Formación anatómica estreita e alongada.

    7. Moldura arquitectónica longa e estreita.

    8. Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.

    9. Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.

    10. Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Metal alcalinotérreo que pertence ao grupo II da táboa periódica, de número atómico 56 e peso atómico 137,34.

    2. Sólido branco que se emprega como raticida, en vidros e esmaltes cerámicos e noutras aplicacións.

    3. Conxunto de pos brancos que se emprega en pirotecnia, en explosivos e como mordente téxtil.

    4. Conxunto de cristais incoloros que se emprega na fabricación de cloro, entre outras aplicacións.

    5. Precipitado amarelo que se meprega nos mistos de seguridade e como pigmento.

    6. Sólido branco que se emprega na análise química como base forte exenta de carbonato.

    7. Concunto de cristais brancos que se emprega en pirotecnia e na fabricación de vidros e esmaltes cerámicos.

    8. Substancia branca ou amarelada que se emprega como axente deshidratante e como aditivo nos aceites lubrificantes.

    9. Conxunto de pos de cor branca grisácea que se utiliza en pirotecnia e nas balas trazadoras.

    10. Conxunto de pos microcristalinos, brancos que se emprega como pigmento e na elaboración de vidro.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO